Saltar al contenido principal

Biblioteca das Letras Galegas

Créditos

Agradecementos

En primero lugar, queremos amosar o noso recoñecemento a Darío Villanueva Prieto, patrón e Director do Consello Científico da Fundación Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, por impulsar unha iniciativa que ten para as letras galegas poucos precedentes en institucións de fóra de Galicia e ningún nun ámbito dixital tan impresionante. Á Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Directora do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, Marisol López Martínez, pola receptividade que amosou cara ao proxecto. A Manuel González González, Coordinador científico do devandito Centro, que facilitou podermos dispoñer de todos os fondos dixitais desa Institución para iniciar o camiño. Ás persoas que día a día se encargan de xestionar e de facer seguimento da Biblioteca das Letras Galegas, que merecen toda a nosa consideración e agarimo por canto responderon e responden paciente e puntualmente aos requerimentos que lle facemos. Aos investigadores que permitiron incorparar á Biblioteca Letras Galegas os froitos dos seus traballos. E finalmente, a todo o persoal que, directa ou indirectamente, fai posíbel que esta Biblioteca das Letras Galegas circule pola rede. A todos, o noso agradecemento.

Realización

Dirección: Anxo Tarrío Varela (Universidade de Santiago de Compostela).

Realización: Taller Digital Enviar correo

Subir